Fortes disturbios en Charlotte após unha nova morte dun afroamericano a mans da policía

Fortes enfrontamentos de manifestantes e axentes nos barrios negros desta cidade de Carolina do Norte. No que vai de ano máis de 170 persoas de raza negra morreron por actuación policial no que vai de ano. 

disturbios negros @adamrhew
photo_camera Imaxe: @adamrhew

Keith L. Scott, dafroamericano de 43 anos, faleceu como censecuencia dos disparos efectuados contra el pola policía. Estaba lendo un libro nun aparcadoiro mentres agardaba que o seu fillo chegase do colexio, denuncia a familia, que cualifica o acontecido de asasinato. “Ía armado e os axentes víronse nunha situación de risco morte inminente”, afirman desde o corpo policial. Keith L. Scott pasa a engrosar a ampla lista de persoas de raza negra mortas en Estados Unidos a mans da policía. Máis de 170 no que vai de ano, segundo o reconto do The Washington Post.

A nova do falecemento de Scott estendeuse rápido na comunidade afroamericana de Charlotte, que saíu á rúa a protestar polo que se nega a asumir como feitos isolados. “Deixade de matarnos”, rezaban unhas pancartas, “Sen xustiza non hai paz”, recollían outras, lembrando o lema dos graves disturbios de Los Ángeles en 1992, orixinados a raíz da absolución dos policías brancos que deron unha brutal malleira (gravada en vídeo) a un cidadán negro, Rodney kinght.

Nos barrios negros de Charlotte houbo esta pasada noite disturbios e enfrontamentos coa policía. As autoridades falan de 12 axentes feridos. Empregaron bombas de gas e abundante material anti-disturbios contra os manifestantes, parte dos cales responderon guindando pedras e botellas. O 35% dos 850.000 habitantes desta cidade de Carolina do Norte son afroamericanos.

A morte de L. Scott chega poucas horas despois de se coñecer outro asasinato dun afroamericano desarmado a mans da policía, Terence Crutcher. Desta volta en Tulsa, Oklahoma. E uns días antes a policía matou a tiros en Ohio a Tyree King, de 13 anos, un rapaz negro que levaba unha pistola de balíns.

Mark Steyn, analista do Washintong Post, publicou hai meses un artigo (‘A ver quen lles di nada’) no que alertaba da forte militarización da policía estadounidense, afeita a resolver os problemas a tiros e sen que iso implicase consecuencias xudiciais para eles. Unha situación que, apontaba, facía prever que esta forma de actuaae por parte da policía non ía desaparecer

Comentarios