Francia pon o fundador de Telegram, o ruso Pavel Durov, a disposición xudicial

A Fiscalía deixou entrever que sería acusado.
O director xeral e fundador de Telegram, o ruso Pavel Durov. (Foto: Europa Press / Contacto / La Nación)
photo_camera O director xeral e fundador de Telegram, o ruso Pavel Durov. (Foto: Europa Press / Contacto / La Nación)

O Ministerio Público francés comunicou a cuarta feira, na última xornada na que a lexislación local permitía manter detido o fundador e director xeral de Telegram, o ruso Pavel Durov, antes de liberalo ou acusalo, que “un xuíz de instrución puxo fin á detención policial” e “levarao ante o tribunal para unha primeira comparecencia e unha posíbel acusación”.

Logo das críticas polo seu arresto, que levaron o mandatario francés, Emmanuel Macron, a asegurar que non se tratou dunha detención política, a axencia AFP publicou onte que Durov está a ser investigado por violencia grave contra un dos seus fillos en París en 2017, o que se suma ao proceso orixinal, que o inculpaba por presunta complicidade con crimes nos que se usou a plataforma de mensaxería e rede social.

Asemade, o xornal The Wall Street Journal detallou os contactos anteriores entre Macron e Durov, que conta tamén coa nacionalidade francesa, nos que o presidente lle propuxo trasladar a sede da empresa a París, o que Durov tería rexeitado. Tamén apunta que Francia participou no hackeo do seu móbil.

Comentarios