Instan un local vigués a que non faga parte “no evento “Apartheid” Round Tables en Tel Aviv”

Chefes de 13 restaurantes asisten na capital israelí a un acto patrocinado polo goberno israelita e no que participan empresas que, denuncian as activistas, se benefician da ocupación ilegal de territorios palestinianos.

Palestina

Activistas contra a ocupación israelita de territorios palestinianos realizaron nestes días concentracións diante de diversos restaurantes de todo o mundo, entre eles o vigués Maruja Limón, para protestar pola súa participación nun evento culinario en Tel Aviv, un acto “que pretende enmascarar a violenta represión dos dereitos humanos do pobo palestino por parte de Israel”. 

O 'Round Tables', denuncian desde diferentes entidades, como BDS Galiza, está patrocinado polo goberno de Israel e empresas e compañías que operan en territorio ocupado. Nunha carta enviada aos chefs, 140 organizacións da sociedade civil denuncian o evento pola súa estreita asociación con ministerios israelís vinculados a serias violacións do Dereito internacional. “Os ministerios israelís levan anos involucrados no proxecto “Marca Israel”, co obxectivo de empregar as artes e a cultura como manobra de distracción da súa terrible violación dos dereitos humanos para crearen unha imaxe positiva”, afírmase na misiva

No evento servirase viño dos Altos do Golán (ocupadis ilegalmente por Israel) nos menús gourmets preparados polos chefs internacionais, que estarán aloxados nos Dan Hotels, empresa propietaria dun hotel construído en terra palestina roubada na ocupada Xerusalén Leste. 

Comentarios