Israel intercepta ao 'Estelle' en augas internacionais

O exercito israelí abordou hoxe ás 10:30 horas a embarcación con axuda humanitaria. A tripulación atópase nunha base militar até a súa repatriación.
Flotilla da Liberdade
photo_camera Flotilla da Liberdade

Tripulantes do veleiro Estelle informaron esta mañá que se atopaban arodeados de barcos da armada israelí dispostos a abordar a embarcación. Segundo informan desde a propia embarcación o exército israelí interceptou ao veleiro en auguas internacionais "violando deste xeito a lexislación marítima internacional". Segundo fontes de Israel o barco está agora mesmo na base militar do porto de Ashbod e @s tripulantes retidos á espera da súa repatriación.

Membros de Rumbo a Gaza están agora diante do Ministerio de Asuntos Exteriores á espera de máis información do acontecido. "A última comunicación co barco foi ás 10:15 horas e tod@s estaban ben coa mar en calma e as embarcacións que os seguian moi lonxe" comenta un responsábel de prensa da ONG, "logo, cando estaban a 38 millas de Gaza, a iso das 10:30 horas, informaron de que había cinco lanchas e un barco do exército de Israel que se dirixían a el@s con soldads armados e máscaras antigas cando se cortou a comunicación".

O goberno de Israel pretende obrigar á tripulación do Estelle a asinar un documento autoinculpándose da "entrada ilegal" para poder ser repatriados en 72 horas.

Segundo informou a embaixada española en Tel Aviv o goberno de Israel confirmoulles que o barco xa estaba na base militar do porto de Ashbod. Segundo a mesma fonte de Rumbo a Gaza o goberno de Israel pretende obrigar á tripulación do Estelle a asinar un documento autoinculpándose da "entrada ilegal" para poder ser repatriados en 72 horas. Ao peche desta información non se tiñan máis datos da situación d@s detid@s.

Comentarios