Máis dunha vintena de mort@s en Kiev

Unha onda de violencia reabre a crise na capital de Ucraína que mantén unha forte tensión entre @s manifestanstes atrincheirad@s e as forzas gobernamentais. Imaxes no interior.

AFP
photo_camera Kiev, Ucraína [Imaxe: AFP]

Con este novo episodio de violencia, @s manifestantes exixen máis mudanzas ao goberno ucaíno --en funcións após presentar a súa demisión e convocar eleccións antecipadas. Se ben a pasada semana o Parlamento aprobou unha amnistía para @s opositor@s que foran detid@s após iniciárense os protestos, desde as barricadas erguidas en Kiev hai xa varias semanas, continúan a exixir novos cambios. 

Coincidindo coa sesión plenaria na Cámara de representantes ucraína, centos de manifestantes rodearon o edificio do poder lexislativo e desataron o conflito que rematou mesmo con vari@s deputad@s ferid@s polos golpes. E é que se debatería a restitución da Constitución de 2004 mais finalmente non foi así. 

Os opositores chaman ás armas e mesmo poderían terse feito cun pequeno arsenal segundo informou a Cadena Ser e a imprensa internacional

Os disturbios que se espallaron de novo pola cidade, focalizándose na Praza da Independencia, deixa até o momento, segundo fontes do Ministerio de Sanidade do país, 25 persoas mortas, entre elas 9 policías. A cifra de ferid@s ascendería a máis de 100 mil. @s opositor@s chamaron na madrugada desta cuarta feira a tomar as armas á cidadanía e diversas cabeceiras internacionais afirman que se terían feito con algúns arsenais. 

Desde as Nacións Unidas o seu presidente, Ban Ki-moon lanzou un chamado ás forzas gobernamentais e da oposición a devolver o país ao "camiño da prosperidade e a democracia". Pola súa banda, o presidente ruso, Vladimir Putin, instou as forzas inernacionais a condenaren a violencia "dos radicais".

Imaxes de Russia Today (rt.com)

Comentarios