Policía española ensina primeiros auxilios con vídeos sexistas e machistas

Proxeccións con escenas de contido sexista e machista nun curso da Policía en Jaca xeraron o malestar entre asistentes. Vídeos no interior.

Son tres vídeos proxectados nun curso do Corpo Nacional de Policía en Jaca para, en teoría, explicar como se fai unha reanimación cardio-pulmonar ou ben as técnicas de axuda en caso de se atragantar. Un cursiño de primeiros auxilios. Mais as imaxes e os vídeos eran de mulleres en roupa interior, en posturas claramente sexuais. Os feitos, que xeraron malestar e indignación entre asistentes ao curso, foron denunciados por Radio Huesca e recollidos por diversos medios españois.

Antes das proxeccións os relatores avisaron aos e ás asistentes sobre as imaxes de “mulleres en roupa interior” que ían ver . Non mentían, Diso eran os vídeos. Nun deles, dúas mozas en bragas e suxeitadores protagonizaban vídeo con carácter sexista. 

Comentarios