A Policía española rodea a sede da CUP

Vídeo no interior.

catalunya CUP Imaxe Vilaweb
photo_camera Imaxe Vilaweb

Axentes da Policía española encarapuchados rodean a sede da CUP, segundo informa a formación independentista a través das redes sociais, onde tamén dixo que hai unha vintena de militantes no seu interior. A sede atópase no número 180 da Rúa Casp de Barcelona.

Ducias de persoas concéntranse na zona en apoio á CUP e para rexeitar o operativo policial. 

Unha portavoz da Candidatura d'Unitat Popular afirmou na TV3 que a organización da esquerra independentista catalá non desbota que o Estado español abra un proceso para a súa ilegalización para, dese xeito, erosionar o bloco soberanista e reducir o seu peso eleitoral nunha eventual convocatoria de novos comicios.

Comentarios