Prosegue a busca do galego desaparecido no atentado de Londres

Ignacio Echeverría, de 39 anos de idade, naceu en Ferrol e viviu nas Pontes até os 18 anos. Non figura entre as persoas hospitalizadas polo ataque terrorista. 

Igancio echeverria
photo_camera Imaxe: FB

Prosegue a busca de Ignacio Echeverría, o galego que se enfrentou en Londres na noite do sábado a un terrorista que intentaba apuñalar unha muller perto de Borought, un dos lugares dos atentados que mataron sete persoas e deixaron medio cento de feridas. A última vez que os amigos viron Echeverría, estaba tendido no chan. De aí que a procura se centrase nos hospitais, onde podería estar ingresado. Porén, Echeverría non figuran entre as persoas feridas, segundo informan varios medios. El, canda 2 franceses e 2 australianas. 

Este mozo de 39 anos de idade traballa en Londres no banco HSBC. Naceu en Ferrol e viviu nas Pontes de García Rodríguez até os 18 anos. O sábado volvía de patinar canda uns amigos cando presenciou o intento de acoitelar unha muller. Os seus acompañantes fuxiron mais el intentou axudar a vítima. Cando os compañeiros volveron, viron o seu corpo no chan mais non puideron achegarse a el. 

Comentarios