O suicidio sitúase como unha das principais causas de morte entre os 'pobos nativos' de Canadá

É das principais causa de morte dos indíxenas menores de 44 anos. Nos inuits, a ratio é 11 veces superior á media canadiana. Un millón e medio de canadianos autodefínense como pertencentes a algún dos colectivos 'aborixes'.

canadá aborixes
photo_camera Unha cadea de protesto de 'aboriginal' canadianos

En Canadá hai 1.400.000 persoas que se definen a si propias como algunha das identidades que se agrupan baixo o concepto 'aborixe': inuits (esquimais), métis (mestizos) ou descendentes das 'Primeiras nacións', en referencia aos pobos indios que habitaban o territorio antes da chegada dos europeos. Son pois o 4,3% do total da poboación de Canadá. Unha porcentaxe que vai a máis nos últimos anos, cun ritmo de medre moi superior porcentualmente a non-aborixes.

O suicidio e as lesións auto-inflixidas están entre as principais causas de morte dos mozos e adultos até 44 anos descendentes das 'Primeiras Nacións'. E o 55% das persoas aborixes teñen 25 ou menos anos. A taxa entre os mozos varóns de 15 a 24 anos de idade é de 126 suicidios por cada 100.000 habitantes mentres que a media canadiana non pasa de 24. Entre as mozas das 'Primeiras nacións' esa taxa é de 35 suicidios por cada 100.000 habitantes, o que contrasta co 5 por cada 100.000 das mozas que non son indias. A mocidade inuit (os esquimais) ten a taxa de suicidios máis alta do mundo, 11 voces a media canadiana.

Case un de cada catro nativos canadianos pasou por prisión. Entre os non nativos, a porcentaxe é un de cada trinta

Un informe editado polo 'Centro de prevención de suicidio' aborda este problema. Desvota compoñentes culturais de vello, citando estudios nos que o suicidio apenas tiña existencia nas culturas indias e aborixes antes da chegada dos europeos. Sinala o informe a colonización como un primeiro paso dun camiño que derivou en marxinación, racismo, prbreza, guettos... e en toda unha complexidade de problemas económicos, sociais, psíquicos para as persoas nativas canadianas.

Na actualidade o 54% das persoas aborixes viven en entornos urbanos. A posibilidade de ser un 'sen teito' é moitisimo máis alta entre estas persoas que entre os canadianos que non son aborixes. Outro dato preocupante é o do encarceramento. Só o 3% dos canadianos foron presos ou encarcerados. Nos aborixes esa porcentaxe dispárase ao 22%, case 1 de cada catro.

Comentarios