Venezuela subirá un 10% o salario mínimo e as pensións

O presidente bolivariano, Nicolás Maduro, anunciou esta medida para que a clase traballadora poida combater "a inflación inducida e criminal" derivada da "guerra económica" das grandes empresas.

venezuela
photo_camera [Imaxe: TeleSur]


O Goberno de Venezuela incrementará nun 10% o salario mínimo e as pensións de xubilación.

Anunciouno o presidente bolivariano, Nicolás Maduro, quen explicou que a medida se implementa para que os e as traballadoras poidan facer fronte á inflación "inducida e criminal" derivada da "guerra económica" que enfronta entre si as grandes empresas privadas do país.

Entre maio de 2013 e xaneiro de 2014 os salarios subiron un 59%, namentres a inflación se incrementou nun 56%. A última subida salarial fíxose efectiva en novembro e foi a terceira das realizadas o ano pasado. Aliás, as persoas que cobran ese salario mínimo reciben tamén un bono de alimentación que en 2013 incrementou os ingresos destas familias dos 2.973 aos 4.110 bolívares --de 347 a 479 euros--. 

Comentarios