A Xustiza española rexeita a petición de Pedro Sánchez de declarar por escrito no caso da súa parella

Compromiso co Estatuto de Gernika
Líderes do Estado español, P. Sánchez, e Euskadi, I. Pradales, a sexta feira. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
photo_camera Líderes do Estado español, P. Sánchez, e Euskadi, I. Pradales, a sexta feira. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)

O presidente español, Pedro Sánchez (PSOE), non poderá -como pedira- declarar por escrito na causa contra a súa parella, Begoña Gómez, impulsada pola extrema dereita, resolveu a sexta feira o xuíz Carlos del Valle, que substitúe Juan Carlos Peinado, e que mantén que ten que declara o próximo 30 de xullo no Palacio da Moncloa.

Ao tempo, a defensa de Gómez, que fixo énfase en que na investigación se están a producir “graves violacións do dereito de defensa”, reclamou á Audiencia Provincial de Madrid que estude os recursos contra a causa que está previsto que analice o 30 de setembro con anterioridade, pois atrasalo até esa data “causaría un prexuízo de imposíbel reparación” a Gómez.

O presidente español desprazouse a sexta a Euskadi, onde se xuntou co lehendakari Imanol Pradales (Partido Nacionalista Vasco, PNV) na primeira reunión institucional entre ambos os dous, reiterando o compromiso co PNV de cumprir co Estatuto de Gernika tras pactar que remitirá todas as competencias pendentes antes do final de 2025.

Comentarios