O xuíz desestima o recurso dun particular contra unha multa porque o sinal estaba só en galego

A sentenza é firme e nela o xuíz aclara que malia as queixas de J.B.A. a sinalización era “de comprensión xeral mesmo para un estranxeiro”.

sinal trafico en galego
photo_camera sinal trafico en galego

O xuíz desestimou o recurso contencioso-administrativo presentado por un particular (Jorge B.A.) contra unha multa de aparcamento en Pontevedra por estar o sinal só en galego. A sanción era de 100 euros e Jorge B.A. Baseaba o seu recurso en que o sinal estaba exclusivamente en galego.

A sentenza desestima o recurso e aclara que había sinalización horizontal e vertical prohibindo o estacionamento nese punto da rúa Pastor Díaz da cidade pontevedresa, engadindo que son “facilmente comprensíbeis” mesmo para estranxeiros.

O voceiro do goberno municipal, Raimundo González, lamentou que o infractor tentase botar man dun “falso conflito lingüístico” para non pagar unha multa.

Comentarios