Unha comunicación da Subdirección xeral de Política Lingüística aos examinadores dos exames do Celga está a ser albo de críticas e reproches pola cantidade de grallas e incorreccións que contén. O escrito fíxoo público o sindicato CUT e axiña nas redes sociais houbo comentarios lamentando que un organismo como este, responsábel do deseño e aplicación das políticas lingüísticas, amosase ese pobre nivel de galego, nun texto no que se conviven desde castelanismos (“según” "correxir") até grallas (“reliazación”) e faltas de ortografía ("esta a correxir"), pasando por expresións non recomendábeis en linguaxe administrativa (“O que vos participo”).
As grallas da Subdirección xeral de Política Lingüística
Unha comunicación deste departamento aos avaliadores dos exames do Celga contén unha serie de incorreccións e erros que axiña atoparon correctores (e críticas) nas redes sociais.
![DXPL grallas comunicación Imaxe. CUT](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2017/06/29/2017062917262398228.jpg)