Pesar polo pasamento de Jesús Castro, Republicano de Honra 2024

Jesús Castro Vidal deixa en Sada "unha pegada inesquecíbel".
areal
photo_camera Jesús Cstro, nunha foto de arquivo (Foto: Areal)

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña informou esta cuarta feira do seu pesar polo falecemento de Jesús Castro Vidal, nomeado moi recentemente pola Asemblea de socias e socios da asociación como Republicano de Honra 2024.

Este galardón foille entregado o pasado día 13 de abril durante a celebración na Coruña da tradicional ‘Cea da República’. Jesús Castro Vidal deixa en Sada “unha pegada inesquecíbel como persoa comprometida coas causas sociais e cos valores republicanos que sempre defendeu”.

A súa traxectoria vital, sinala a CRMH, estivo tamén ligada sempre “na defensa dos valores democráticos e na defensa da memoría, da xustiza e da reparación das vítimas da barbarie franquista”.

Comentarios