O activista detido o 14-N en Madrid queda en liberdade

O único detido na Folga Xeral do 14 de novembro reunirase hoxe coa súa familia e amig@s. A presión a través das redes sociais aumentou nos últimos días para exixir a súa liberación.
Alfon coa súa familia
photo_camera Alfon coa súa familia

A familia de Alfonso Fernández, "Alfon", informou a través das redes sociais que o activista detido na folga xeral do 14-N vai ser liberado hoxe do cárcere de Soto del Real. A Plataforma creada para exixir a súa liberdade informa que as persoas que decidiron amosarlle a súa solidariedade e foron a recibilo estan a ser identificados pola policía.

"Alfon" leva desde a folga xeral do pasado 14-N no cárcere. As acusacións da policía ao redor deste mozo madrileño de 21 anos serviron para que estivera incomunicado todos estes días en réxime FIES 5 (Ficheiros de Internos de Especial Seguimento) ou o que é o mesmo, aquel que se lle aplica ao terrorismo islamista ou delincuencia internacional. As probas achegadas polas forzas de seguridade consistían nunha bolsa con material considerado "perigoso".

As acusacións da policía ao redor deste mozo madrileño de 21 anos serviron para que estivera incomunicado.

Días despois probouse que nela non había pegadas de Alfonso que, como dixo a mesma policía, non levaba luvas o día da detención. Desde entón a súa familia e amigos comezaron unha intensa campaña nas redes sociais e puxéronse en contacto con varios partidos políticos para que levaron o caso ao Congreso d@s Deputad@s. A nai do propio detido protagonizou un acto diante das portas desta institución coa lectura dun manifesto ao que se adheriron deputad@s do BNG, Amaiur, ERC, Compromís e Izquierda Plural. O xulgado de instrución número 36 de Madrid non quixo daquela deixar en liberdade a Alfonso.

Alarma Social

A indignación por este caso foi a máis cando pasou os primeiros 21 días na cadea por "alarma social", un concepto que segundo o seu avogado "non figura na Ley de Enjuiciamiento Criminal". Recorrida pola defensa e xustiza mudou de liña e non deixou que saíra en liberdade apuntando a un posíbel "risco de fuga". A policía montou o dispositivo habitual para casos de extrema gravidade e acudiu ao domicilio familiar, ao da súa parella e ao dunha asociación de siareir@s de fútbol da cal é socio.

Imaxe: 

Máis en Mundo
Comentarios