As Candidaturas d´Unitat Popular, unha opción independentista máis nas eleccións do 25-N

Despois da Assemblea Nacional celebrada en Molins de Rei (Barcelona) as Candidaturas d´Unitat Popular (CUP) decidiron concorrer ás eleccións ao parlamento catalán do 25-N. A lista dos independentistas de esquerda en Barcelona estará encabezada polo xornalista David Fernández.
Asamblea das CUP
photo_camera Asamblea das CUP

O adianto electoral obrigou a acelerar o proceso asambleario polo que as Candidatures d´Unitat Popular chegan agora á toma de decisión de se apresentar ás eleccións do 25-N. Unha ve finalizado o proceso asambleario no que a CUP calcula que participaron arredor dun milleiro de persoas, a organización independentista pechou o proceso aprobando as liñas xerais do seu programa ademais das persoas que serán cabezas de lista polas catro provincias. Ademais de David Fernández, Antonieta Jarne en Lleida, Jordi Martí en Tarragona e Lluc Salellas en Girona encabezarán as listas da fomación que se presentará co nome de Candidatura d´Unitat Popular-Alternativa d´Esquerres, fórmula coa que buscarán sumar apoios de colectivos e movementos sociais. Será esta a primeira vez que se presenten a unhas eleccións ao parlamento catalán. 

A Candidatura converteuse nas eleccións municiapais na sexta forza política en Cataluña polo número de sufraxios obtidos, acadando 101 actas municipais máis catro alcaldías. Con eses resultados na man máis o medre do independentismo, o anuncio de Mas de adianto electoral animou un debate que xa se estaba a dar na formación asamblearia de base local concluíndo agora na decisión de se presentar ás o 25 de novembro. 

A CUP defínese como organización política asamblearia nacional, que ten como obxectivo un país independente, socialista, ecoloxicamente sostíbel, territorialmente equilibrado e contrario ás formas de dominación patriarcal. Móstranse protagonistas no crecimento do independentismo en Cataluña e teñen vontade de seren actores de iniciativas populares que se encamiñen cara a ruptura co estado español.

Máis en Països Catalans
Comentarios