O 19 de xullo constituiranse as Cortes españolas saídas dos comicios do 26 de xuño

Felipe VI asina o decreto de convocatoria dos comicios do 26X.

rey_firma_disolucion_cortes_20160503_02

As eleccións serán o 26 de xuño e as Cortes constituiranse o 19 de xullo, sete meses despois dos comicios do 20-D. Felipe VI asinou na mañá desta terza feira na Zarzuela o decreto de disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións. É a primeira vez desde a fin do franquismo que o xefe de estado rubrica unha repetición dos comicios esgotado o período para intentar unha investidura. O artigo 99 da Constitución española fixa 2 meses para unha convocatoria electoral automática a partir do momento en que se realiza a primeira votación de investidura e ningún candidato obtén o apoio da Cámara.

Publicado este decreto no BOE, comeza o calendario destas eleccións, que ten uns prazos ben definidos na propia Loreg, a Lei orgánica de réxime electoral. Por diante, 54 días para activar todo o proceso (censo, xuntas electorais...).

A primeira data marcada no calendario é o 13 de maio, último día para que os partidos e forzas que decidan ir en coligazón llo comuniquen ás xuntas electorais. O 23 dese mes acaba o prazo para a presentación de candidaturas, que serán publicadas no BOE do día 25, abrindo prazo para subsanar erros. O 31 de maio publicaranse definitivamene as candidaturas. Dous días antes, o 28, é o úlimo día para pedir o voto dos residentes no estranxeiro. O 10 de xuño dará comezo a campaña electoral e o 26 dese mes decorrerán as eleccións. Previsibelmente o 20 de xullo terá lugar a constitución das novas Cores españolas. 

“Agardo que todos aprendesen a lección e o próximo congreso acade un acordo tan pronto como sexa posíbel”, dixo o presidente da cámara baixa, Patxi López, en declaracións á prensa. 

Comentarios