A afiliación de Compromiso decide este domingo se concorre en solitario ou en confluencia coa marea

Dúas van ser as propostas a debate, e as dúas “definen claramente dúas formas de entender a política en Compromiso”, afirmou o secreatario de Organización, Manoel Vello.

[Imaxe: Compromiso por Galicia]
photo_camera [Imaxe: Compromiso por Galicia]

A afiliación de Compromiso por Galicia decide este domingo na Convención Nacional como vai concorrer ás eleccións galegas que van ter lugar este ano. Sobre a mesa, dúas propostas. Unha, partidaria de que CxG presente candidatura de seu. Outra, apostando en “participar nunha candidatura ampla, diversa, plural e ilusionante para a cidadanía, na liña do que que foi En Marea nas Eleccións Xerais”. Os partidarios desta segunda opción comrpométense a que a afiliación volva ser consulta, unha vez que se coñeza os termos da candidatura de confluencia, para referendar ou non o apoio á mesma.

O secretario nacional de Organización, Manoel Vello salientou que “somos a única formación política na que a afiliación decide, como neste caso, as grandes cuestións do partido”. “Unha persoa afiliada, un voto, e isto que parece unha obviedade non o é en todas as organizacións”, apontou.

o secretario nacional de Organización asegurou que “en Compromiso afrontamos esta Convención Nacional como un punto de inflexión definitivo, para ofrecerlle á xente unha ferramenta política integradora, e que dende a sensatez política actúe para resolver os problemas dos galegos e galegas, dende unha óptica de máis autogoberno”.

Comentarios