A II Asemblea de Anova non elixirá directamente o líder da organización

A asemblea escollerá a Coordinadora Nacional, que será a encargada de elixir @ voceir@ nun comezo de asemblea que resolveu por 26 votos de diferenza as votacións, tensas por momentos.

anova-cropII
photo_camera Asemblea Anova

A actual dirección de Anova, co sector que simbolizan Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega como referentes, fixo prevalecer a súa postura para que a asemblea só elixa a Coordinadora Nacional e que esta logo sexa a encargada de decidir @ portavoz/a da organización. Tamén se aprobaron o informe de xestión e o económico, con saldo positivo este último. 

Deste xeito, e con 26 votos de diferenza, o regulamento proposto desde a dirección venceu en asemblea ás resistencias doutro sector da forza política, nun comezo de asemblea que tamén decidiu que a elección do máximo órgano directivo se faga por listas abertas, con correccións de xénero se son necesarias.

Redondela

Houbo tensión cando se tratou o regreso á militancia do grupo de Redondela, arredor de vinte persoas, que foran expulsadas da organización e que se decidiu en votación que lles devolveran os seus dereitos, medida que foi recibida con apupos por unha parte d@s presentes na asemblea que está tendo lugar en Compostela e na que tamén se rexeitou unha proposta para prohibir a dupla militancia -na FPG ou no Encontro Irmandiño, por exemplo- por só unha dúcia de votos. 

Comentarios