Asinantes do 'Manifesto de Vidán' avogan por “tender pontes” para “reforzar o espazo nacionalista”

Mantiveron unha xuntanza en Compostela este sábado, a primeira após as eleccións do 25S.

É preciso “tender pontes” entre as diferentes organizacións para “reforzar o espazo político nacionalista”. Esa é a idea que asinantes do 'Manifesto de Vidán' -que este sábado mantiveron unha reunión en Compostela, a primeira após as eleccións galegas do 25S- trasladaron nas súas declaracións a Europa Press. Trátase, indican, de “recuperar a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao PP”. Unha reunión á que terían asistido persoas de diferentes tendencias e militancias, desde BNG e En Marea até xente sen filiación política.

Segundo indican desde axencias, as conclusións desa asemblea pasan por que é “preciso” reforzar “o espazo político do nacionalismo”. Parten de que a situación actual do nacionalismo “non é boa”, posto que non ten a “expresión electoral” que tería quer ter “para ser alternativa”. Por iso chaman a tender pontes e, se ben consideran que agora sería “complicado”, achan que a converxencia si que podería darse a medio prazo. 

Comentarios