Beiras entra na II asemblea de Anova disposto a rematar o seu “epílogo”

O líder da formación nacionalista asegura que “non é caudillo” e suxire a posibilidade de se ir afastando da primeira liña sempre que “non se traizoen os principios fundamentais”.  

Xosé Manuel Beiras (ANOVA)
photo_camera Xosé Manuel Beiras (ANOVA)

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, abriu a porta a rematar o que denominou como  "epílogo", ou sexa, a súa última etapa na primeira liña da política galega, da que é referencia desde hai máis de catro décadas e á que volveu con forza -logo da súa etapa no BNG- á fronte de AGE.

O voceiro de AGE amosouse favorñabel ás portavocías compartidas e en contra das "frontes de partidos"

Beiras lanzou esa advertencia antes do comezo en Compostela da segunda asemblea de Anova (á que a organización chega moi dividida) e sempre baixo a condición de que a forza que creou non perda o que el considera “congruencia” cos “principios fundacionais”. “O que será de min depende de Anova, nunca fun caudillo, é Anova quen ten que dicir o que espera de Beiras neste momento”, afirmou o voceiro parlamentar de AGE, que tamén avisou que daría por “concluído o epílogo” se non respectan as que sinala como liñas vermellas. 

Por último, Beiras tamén renunciou á creación de “frontes de partidos” e pediu que Anova forme parte de “novos deseños”, así como se amosou favorábel ás portavocías compartidas.

Comentarios