O BNG defenderá en Madrid a veciñanza afectada pola ampliación da AP-9

A deputada Olaia Fernández presentou unha iniciativa que recolle as protestas contra algúns aspectos da ampliación do AP-9 que xorden desde a comarca do Morrazo.

Olaia Fernández Davila
photo_camera Olaia Fernández Davila

A portavoz do BNG no Congreso de Madrid, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pide á Ministra de Fomento, Ana Pastor, que o proxecto construtivo da ampliación da AP-9 na ponte de Rande “non prexudique aos habitantes da comarca de O Morrazo”.

Explica a deputada do BNG que no BOE do 17 de maio de 2014, publicouse a resolución de Fomento coa aprobación definitiva do proxecto de ampliación da AP-9 no acceso á ponte de Rande. Pón de manifesto que xa os veciños de A Chamusca en Moaña presentaran no ano 2010 alegacións ao proxecto construtivo en Exposición Pública. “O seu malestar viña ao comprobar que dito proxecto metía nun funil o tráfico do Morrazo ao impedirlles o uso dos dous carrís actuais para acceder á comarca”, di.

A nacionalista traslada ao Ministerio de Fomento que o trazado do terceiro carril nun tramo de 6 quilómetros desde o enlace de Teis até a estación de servizo de San Simón, “é na práctica un caixón posto que leva o tráfico do Morrazo a unha trampa sen saída”.

Comentarios