BNG e Galiza Sempre participan na XX edición do Foro de São Paulo

Neste encontro toman parte 650 representantes de partidos políticos da esquerda e organizacións sociais de toda América Latina, así como organizacións políticas de varios continentes. 

Ana Miranda,emprendeu a viaxe a Bolivia para participar en representación do BNG e da Fundación Galiza Sempre no XX Foro de São Paulo,encontro internacionalista que nesta edición decorre en La Paz (Bolivia) con máis de 650 representantes de partidos políticos da esquerda e organizacións sociais de toda América Latina, así como organizacións políticas de varios continentes.

Miranda intervirá  no plenario do Foro  cun relatorio sobre a situación de Galiza no contexto de neoliberalismo das políticas de austeridade e recortes aplicadas pola Troika e polos Gobernos español e galego. A  axenda da nacionalista  contará asemade  con   reunións bilaterais co Secretaria do Foro, con representantes de diferentes formacións políticas  políticos e organizacións sociais latinoamericanas.

O Foro de São Paulo (FSP), é un dos foros internacionalistas máis importantes, constituído en 1990, cando partidos de América Latina e el Caribe reuníronse por convite do Partido dos Trabalhadores (PT Brasil) co obxecto  de debater unha alternativa popular e democrática ao neoliberalismo que iniciaba unha  fase de ampla implementación mundial.

Neste evento internacional debaterase  sobre a coxuntura internacional,  consecuencias das políticas neoliberais,  loita contra a pobreza e  necesidade  de movementos sociais.

Comentarios