O BNG mostra a súa preocupación polo cuestionamiento do resultado electoral en Venezuela: "Parecen buscar a desestabilización social"

A organización nacionalista "saúda" a reelección de NIcolás Maduro e desexa "o mellor" ao pobo venezolano. 
EuropaPress_6116550_28_july_2024_colombia_bogota_venezuelan_citizen_in_colombia_wait_their_turn
photo_camera Xornada das eleccións en Venezuela (Foto: Europa Press)

O BNG emitiu esta terza feira un comunicado nas redes sociais no que “saúdan” a reelección de Nicolás Maduro como presidente de Venezuela e desexan o mellor ao pobo venezolano.

“Tras a proclamación dos resultados das eleccións presidenciais por parte do Consejo Nacional Electoral, saudamos o reelecto presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolas Maduro e desexamos o mellor ao pobo venezolano para o que agardamos un futuro de paz e prosperidade.

Observamos con preocupación a desestabilización social que parecen buscar para Venezuela diferentes axentes do interior e do exterior dese país, a partir do cuestionamento do resultado electoral.

A experiencia do golpismo político é infelizmente longa nese continente, cada vez que as urnas se manifestan de forma diferente ao que desexan os grandes poderes.

Hoxe, como sempre, defendamos a paz, a democracia, os dereitos e rexeitemos a violencia”.

Comentarios