A Executiva da Fegamp aproba unha iniciativa contra a suba do canon de Sogama a proposta do BNG

A proposta de resolución aprobada, que vai na liña das alegacións xa acordadas, inclúe como primeiro punto que a Xunta reparta entre todos os concellos galegos "a contía que prevé ingresar este ano polo referido imposto estatal, contemplada agora como fondo adicional no financiamento dos concellos e que ascende a 12,1 millóns de euros".

Materiais para reciclaxe en Sogama. (Foto: Europa Press)
photo_camera Materiais para reciclaxe en Sogama. (Foto: Europa Press)

O BNG informou de que a Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) aprobou "por unanimidade" unha iniciativa que propuxo na pasada xornada na que os concellos galegos reclaman á Xunta da Galiza "a totalidade do que recade polo imposto de residuos de vertedoiros e incineración”, cuxa implantación, sosteñen os nacionalistas, alega Sogama "como desculpa para cargar ás arcas locais, e aos veciños, coa subida de30% este ano do canon polo tratamento de lixo".

"A proposta aprobada cuestiona o incremento do canon que Sogama quere aplicar aos concellos polo tratamento dos residuos sólidos urbanos, un incremento que necesariamente os concellos van ter que trasladar aos veciños na taxa do lixo, o cal é totalmente inxusto e innecesario", afirmou o vicepresidente da Fegamp e alcalde de San Sadurniño, o nacionalista Secundino García.

A proposta de resolución aprobada, que vai na liña das alegacións xa acordadas, inclúe como primeiro punto que a Xunta reparta entre todos os concellos galegos "a contía que prevé ingresar este ano polo referido imposto estatal, contemplada agora como fondo adicional no financiamento dos concellos e que ascende a 12,1 millóns de euros".

Unha cantidade que, tal e como se explica na iniciativa, detraeu da participación dos concellos do fondo de cooperación local (FCL), o que fai que na práctica "esta achega fágase polos propios concellos ao ser detraída do seu sistema de financiamento".

O BNG incidiu en que a Xunta asumiu " o incremento do canon anunciado a metade do ano por Sogama, que suporá para os concellos pagar unha media de 78 euros por tonelada, pasando dos 68,05 euros cobrado de xaneiro a xuño, a 88,05 entre xullo a decembro, unha cantidade que, tal e como advirte García, "desbarata" as facendas locais en moitos casos. Até agora, segundo explicou, a Xunta do PP "tan só anunciou que achegará nove millóns, a través do FCL,vai minimizar o impacto da medida".

No segundo punto, os concellos esixen que a Xunta achegue a cantidade total recadada polo imposto -en principio eses 12,1 millóns- a bonificacións no canon dos concellos, "cumprindo así os obxectivos marcados coa creación do imposto estatal, que recada a Xunta. Entre estes obxectivos figura a redución da produción de lixo e/ou incrementar reciclásea dos envases lixeiros, trasladar a rebaixa aos recibos dos veciños ou instaurar un programa de compostaxe domiciliaria ou comunitaria.

Coa luz verde de todos os grupos á proposta do BNG, a Fegamp reclama tamén por unanimidade ao Goberno do PP a creación dunha comisión de traballo entre Sogama, as consellarías de Medio Ambiente e Facenda e a Fegamp para determinar as condicións do canon para o próximo 2025, antes de que se aproben os Orzamentos, e debater sobre o cambio de modelo de xestión de residuos na Galiza.

Un debate, conclúese, que debe abordar "a fórmula que permita a cada concello, con independencia da súa dimensión, acceder á redución do canon aínda que non incorpore o quinto colector, valorando para a aplicación de redución o compromiso na aplicación da compostaxe individual ou comunitaria, ou financiado modelos de xestión alternativos".

Comentarios