Este sábado o Partido Comunista de Galicia (PCG) realiza este sábado en Vigo o seu XIII Congreso, unha cita na que se vai renovar a secretaría xeral, que nos últimos anos estivo ocupada por Carlos Potomeñe. Para Portomeñe este congreso ten lugar nunhas circunstancias relevantes: “Os comunistas volveron ao Parlamento de Galiza, para ficar”. E para impulsar, engadiu, “iniciativas fronte a crise”.
O lema deste XIII Congreso é “Construíndo República, creando poder popular”, sendo unha reivindicación de que “entre todos hai que construír a unidade cidadá” nun contexto de “auténtica emerxencia social”. A esta xuntanza aistirán máis de 100 delegados, procedentes de nove comarcas de Galiza e vanse debater máis de 150 relatorios.
Podemos e o Comité Central
O secretario de Organización do PCG, Rubén Pérez, afirmou que non estaban previstos cambios organizativos significativos neste Congreso e engadindo, sinalan axencias como EP, que formacións novas como Podemos case copiaron a estrutura do Partido Comunista cun Comité Central.