Concello das Nogais paga 41.000 euros por despedir a unha traballadora substituíndoa por un edil que cobra o duplo

O alcalde, do PP, xustificou o despedimento da traballadora hai un ano en que non había cartos para pagarlle o salario. O PSdeG denuncia que o posto vacante pasou ser ocupado por un concelleiro ''cuxo soldo case duplica'' o que tiña a despedida.

O Concello de As Nogais, gobernado polo Partido Popular, pagou 41.000 euros para despedir a unha traballadora, especializada na área administrativa, para colocar no seu posto “a un político”. Así o denuncia o Partido Socialista en base á acta de conciliación do Xulgado do Social Nº2 de Lugo. Un acta que, para o PSdeG, demostra que o goberno local “botou a esta profesional, asumindo o tremendo gasto que isto supón para as arcas públicas, cun fin claramente partidista, xa que, na actualidade, é un concelleiro, con dedicación exclusiva, o que se está ocupando de tarefas que, con anterioridade, desempeñaba a ex-traballadora”.

Os socialistas critican decididamente a actuación, “orquestrada” polo alcalde e afirman “non poder entender como se gasta o diñeiro deste xeito”.

Ademais, @s socialistas afirman que o salario do 'político' colocado case duplica o da ex administrativa. “Así actúan os gobernos do Partido Popular, colocando á xente a dedo”.

Explicacións

En marzo de 2013, o equipo de goberno do PP prescindiu definitivamente desta traballadora, afirman do PSdeG, “que asumía unha importante carga de traballo”. @s socialistas afirman que daquela requeriron explicacións ó rexedor nun pleno polo despedimento. “A resposta do Alcalde foi que a entidade local tivo que proceder á rescisión do contrato porque non había diñeiro para pagar o seu salario. A liquidación realizouse conforme ó estritamente legal, como non podía ser doutro xeito”.

Comentarios