Demiten cargos directivos de Ciudadanos en Galiza e anuncian baixas entre a militancia

Son xa 8 os membros de xuntas directivos que demiten. A crise pola destitución do ex-deputado e candidato no 20D Antonio Rodríguez esténdese.

Antonio Rodríguez Ciudadanos Imaxe Radio Galega

O que comezou coa expresión pública do seu malestar por Antonio Rodríguez, candidato de Ciudadanos no 20-D, polo seu relevo de cara ao 26X abrolla agora como unha crise en toda regra. Son xa oito os membros das xuntas directivas de Ames e da Coruña que presentaron a súa baixa como coordinadores. Seguirán no partido, din, para defender os seus principios. A través dun comunicado xustifican a súa dimisión despois de que a executiva insistira en cambiar o candidato da provincia da Coruña, Antonio Rodríguez, para as próximas eleccións xerais. Insisten en que este cambio vai contra os principios do partido, e contra o resultado das primarias e afirman que haberá máis dimisións e tamén baixas entre a militancia.

Rodríguez, pola súa parte, non descarta deixar de ser militante de Ciudadanos. Mesmoe staría, segundo lle recoñece a La Voz de Galicia, meditando demandar Ciudadanos por considerar que atentaron contra o seu honor.

Comentarios