A deputada de AGE Eva Solla convértese na nova secretaria xeral do PCG

O PCE galego celebrou o seu XIII Congreso en Vigo, onde fixo pública a súa previsión de “crecemento orgánico” e de "formar parte dos bloques políticos e sociais contra o capitalismo". Renovaron o comité central nun sesenta por cento.

eva-crop
photo_camera Eva Solla

O Partido Comunista de Galicia (PCG) do Partido Comunista de España celebrou esta fin de semana o seu XIII Congreso no que acordou renovar o seu comité central -en máis dun 60%- cunha lista única encabezada pola deputada de AGE Eva Solla, que é a nova secretaria xeral.

No seu discurso de clausura do Congreso en Vigo, Solla defendeu un PCG "á ofensiva", en franca interlocución cos movementos sociais e coa clase obreira, ao tempo que agradeceu “a confianza dos e das camaradas” nesta nova etapa que prevé de consolidación e crecemento orgánico.

Documentos

Neste congreso, renováronse os documentos políticos, organizativos e estatutarios, ao tempo que se aprobou unha folla de ruta ideolóxica para esta nova etapa marcada pola intención do PCE galego de ser parte activa dos procesos de configuración de bloques políticos e sociais de loita contra o sistema capitalista.

Na cita interviñeron, entre outros, a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz; así como os cónsuis de Cuba e Venezuela.

Comentarios