Distintas visións en Podemos arredor da súa fórmula nas próximas eleccións

A proposta do grupo máis coñecido da formación, o que lidera Pablo Iglesias, non acaba de gustar noutros sectores, como o de Pablo Echenique, que cre que non presentarse ás locais pode “desmobilizar”.

photo_camera Pablo Iglesias no Parlamento

A proposta do candidato e líder de Podemos, Pablo Iglesias, e do seu círculo máis achegado de non presentarse ás municipais ante as dúbidas que lles xera a irrupción de moita xente que se cadra, segundo considera, podería traizoar os principios da formación, xa está sendo respondida desde dentro, por exemplo polo grupo que lidera outro eurodeputado como Pablo Echenique, que xa afirmou de forma pública que pensa que “me dá a impresión de que as dúas solucións extremas [só presentarse nas autonómicas de certos territorios españois] non son óptimas: tanto non concorrer a ningún concello como facelo a todos.

En Galiza hai división entre quen quere entrar nas Mareas e quen pide candidatura propia baixo a marca das Europeas

“De cara ás xerais, creo que a proposta de Iglesias é moi intelixente e vexo as súas vantaxes, aínda que penso que podería desmobilizar a algúns círculos municipais con gañas de ir ás eleccións”, engade.

En Podemos, forza que aínda está creando unha estrutura baixo moitas présas e perigos como asume o seu núcleo máis coñecido, hai división sobre os pasos a dar ante os vindeiros comicios, tamén en Galiza, onde un sector quere entrar nas Mareas ou iniciativas semellantes e outros presentar listaxes propias.

Comentarios