A división interna no PSdeG deixa pegada na elaboración das candidaturas electorais

Os críticos con Leiceaga acusan a xestora de non ser quen de “procurar a integración” nas listas.

Leiceaga e Pilar Cancela
photo_camera Leiceaga e Pilar Cancela

O PSdeG segue sen ser quen de fechar as feridas que, após o proceso de primarias para elexir candidato á Xunta, continúan abertas no partido. Unhas diferenzas que estes días volveron reflectirse, deixando pegada na elaboración das candidaturas provinciais para as eleccións galegas. O sector crítico acusa a xestora socialista de non ser quen “de procurar a integración”, en declaracións a Europa Press.

Mentres en A Coruña e Lugo saíron adiante as listas do entorno 'oficialista', en Pontevedra e Ourense outro foi o escenario, cos críticos logrando ampla presneza e mesmo deixando fóra a importantes figuras, como o caso da voceira parlamentar, Patricia Vilán, e de Gonzalo Caballero, na candidatura de Pontevedra.

O deputado Abel Losada é o número un da lista aprobada polo PSdeG de Pontevedra, seguido na lista por María Pierres, Manuel González e Marta Giráldez.  O sector afin a Leiceaga  intentou sen éxito incluir algúns nomes na candidatura, especialmente Gonzalo Caballero e Patricia Vilán, mais perderon a votación. En Ourensa cabeza de lista é a deputada Noela Blanco, próxima ao candidato á Xunta. O segundo e terceiro posto, ocúpanos Raúl Fernandez e Maria Quintas, ambos cercanos ao ex-secretarios xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.

Na Coruña, o número 1 é para Fernández Leiceaga, seguido pola concelleira en Cerceda Begoña Rodríguez e polo xerente da Universidade da Coruña, Juan M. Díaz. Os críticos destacan o que consideran “escasa” participación na votación, pois de 300 persoas que podían participar apenas o fixeron 70. En Lugo o candidato vai ser o ex-delegado de Educación Luis Álvarez, seguido de Concepción Burgo. A candidatura aprobouse por aclamación.

As propostas das executicas provinciais serán remitidas a xestora que, ten o compromiso de elevalas, a Ferraz sen modificar a súa composición.

Comentarios