Un estudo sinala o BNG como a forza política galega máis influente na rede

@s nacionalistas superarían en número de seguidores en twitter e índice de influencia a PP e PSOE, sendo Anova a seguinte da táboa, onde Podemos queda moi lonxe da súa pegada estatal.

BNG.GAL PRESENTACION 2 (1)

Un estudo publicado no seu blog polo experto en márketing Juan Aguilar sinala que o BNG é a organización política galega con máis presenza e forza nas redes sociais, seguida polo PP e o PSOE. Para o seu traballo, Aguilar utilizou o índice de influencia (klout) e o popularidade en twitter.

O BNG é a forza galega con máis seguidores en twitter cando se realizou este estudo, este mesmo mes, con máis de 11.000 seguidores, seguido a moita distancia de PPdeG (algo máis de 6.000), PSdeG (por debaixo dos 5.000). Anova está case ao nivel d@s populares en seguidores, mais perde no baremo de influencia, onde o BNG supera en seis puntos o PP.

Esquerda Unida anda polos 3.700 seguidores dos seus chíos, un milleiro máis que Compromiso por Galicia, que é ultrapasada até polo Partido Pirata de Galiza ou Equo. Podemos-Galiza está moi lonxe da presenza que obtén a nivel de Estado.

Comentarios