Falece dun infarto Rita Barberá

A senadora valenciana, de 68 anos, declarou esta segunda feira no Supremo por un delito de branqueo de capitais

Rita Barberá, ex-alcaldesa do PP de Valencia durante case un cuarto de século e actualmente senadora, faleceu en Madrid dun infarto. Ás sete da mañá os efectivos de emerxencias recibiron unha chamada informándollesque unha persoa estaba en parada cardio-respiratoria no Hotel Villa Real, de Madrid. Embora practicarlle durante 30 minutos manobras de reanimación, nada puideron facer pola vida desta política de 68 anos de idade. Até o hotel achegáronse algúns cargos do PP e no inicio da sesión de control ao presidente no Congreso dos Deputados gardouse 1 minuto de silencio.

Rita_Barberà_2014_(cropped)Até hai un ano, Barberá era o principal referente do PP de Valencia. Alcaldesa da cidade durante varios mandatos (1991-2015), tiña un peso relevante no partido a nivel autonómico e estatal. En 1976 afiliouse a AP, sendo unha das cofundadoras do partido en Valencia. Militou até 2016 nesa familia política (AP, despois PP).

A súa implicación na 'Operación Taula' levouna esta segunda feira a declarar perante o Tribunal Supremo por un delito de branqueo de capitais. Nestes meses a súa figura era sinalada como un exemplo dos casos de corrupción que afectan o PP. 

Comentarios