Mentres o Partido Popular teima en recortar o número de escanos no Parlamento, unha medida coa que prevén reducir 1,2 millóns de euros en catro anos, Feijóo destinará máis de 800 mil euros en 2014 á súa equipa de asesor@s.
O presidente da Xunta de Galiza gasta só no seu departamento o triplo do que di querer aforrar o seu partido coa redución de escanos no Pazo do Hórreo, unha medida que suporá unha redución de 1,2 millóns de euros nunha lexislatura, isto é, catro anos.
Toda a información sobr este asunto no número 76 de Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e librarías do país. Tamén na nosa loxa.