Feijóo releva os delegados da Xunta en Ourense e Vigo, investigados pola xustiza

María J. Bravo está imputada na 'Operación Patos' e Rogelio Martínez nunha causa de supostas irregularidades na xestión de fondos europeos.

Rogelio Martínez xunto a Feijóo (Foto: Xunta)
photo_camera Rogelio Martínez xunto a Feijóo (Foto: Xunta)

Núñez Feijóo segue a tomar medidas coa vista postas nas vindeiras citas do calendario electoral. Se hai uns días anunciaba remodelación de varias Consellarías, esta quinta feira daba a coñecer o relevo dos delegados da Xunta en Vigo e Ourense, María José Bravo Bosch e Rogelio Martínez, ambos os dous imputados.

O mandatario galego teimou esta quinta na súa intervención en suliñar que os dous ceses respondían a ceses a petición propia. Mais Bravo Bosch está imputada na 'Operación Patos' e Martínez en supostas irregularidades na xestión de fondos comunitarios cando era alcalde de Arnoia. Porén, o propio Feijóo admitiu na súa intervención que influiu a súa implicación en casos de corrupción.

A delegación da Xunta en Vigo pasará ser asumida por López-Chaves, presidente das Autoridade Portuaria viguesa, ex-deputado do PP no Parlamento galego e coñecido, entre outras cuestións, por non dar palabra en galego nas súas intervencións. En Ourense, Marisol Díaz Mouteira será quen exerza o cargo de delegada da Xunta a partir de agora.

Comentarios