Gómez Besteiro entra na dirección dun PSOE que mantén as disputas internas

O líder d@s socialistas galeg@s é un dos baróns territoriais elixidos polo novo secretario xeral, Pedro Sánchez, que tamén inclúe na Executiva a Carme Chacón e persoas de confianza de Susana Díaz pero non pode evitar as críticas de Madina e Tapias

psdeg-crop
photo_camera Besteiro, no Congreso do PSOE.

José Ramón Gómez Besteiro reforza o seu liderado no PSOE galego logo de ser escollido para ser un dos denominados baróns territoriais que terá posto na Executiva, na que será o representante galego, recibindo así o premio ao seu subterráneo apoio a Pedro Sánchez, vencedor nas primarias e que nesta fin de semana será proclamado secretario xeral do PSOE en Congreso.

Entra Besteiro na dirección de Sánchez, que comezou a súa era sen poder fuxir das divisións que dominan ao seu partido nos últimos anos e que son unha das moitas razóns da súa fonda crise. Ningún dos que foron os seus rivais nas primarias, Eduardo Madina e Sánchez Tapias, considera que a dirección elixida polo novo líder sexa “inclusiva” e xa criticaron a súa composición, na que dominan as persoas de confianza de Susana Díaz, a presidenta de Andalucía. Tamén ocupa un lugar destacado Carme Chacón, ex-ministra con Zapatero e eterna postulada á ser a candidata nas eleccións.

Municipais

Ademais, algunha federación como a asturiana -das poucas con responsabilidade de goberno- amosaron o seu enfado con Sánchez, que tivo que buscar unha solución a esa e outras frontes namentras en Galiza, a oposición que representa o pachismo -e algún caso illado como o do deputado Francisco Caamaño- xa saben oficialmente que Besteiro conta co aval de Ferraz, o que de seguro terá repercusión no inmimente proceso de formación de candidaturas municipais.

Comentarios