O epicentro do conflito foi o nomeamento como senador por designación autonómica de Modesto Pose, un nome que non contaba con consenso no grupo parlamentar. A decisión foi, segundo denuncia a ducia de deputados afíns a Méndez Romeu, adoptada pola portavoz do grupo seguindo as instrucións da xestora que asumiu a Secretaría Xeral do PSdeG após a demisión de Gómez Besteiro.
"É unha actitude gravísima a súa, que non ten precedentes no Parlamento galego", dixo Carmen Gallego en declaracións recollidas por La Voz de Galicia. As persoas críticas exixen a demisión de Patricia Vilán porque achan ficou "deslexitimada" e así llo comunicaron á dirección do partido en Madrid.
Entretanto, o que foi secretario xeral da formación e candidato á Presidencia da Xunta en 2012, Pachi Vázquez, arremeteu através da súa rede social cun chío no que afirma "Desde hai cinco meses non existe PSdeG, existe o Partido Socialista de Ferraz en Galiza" acusando a xestora liderada por Pilar Cancela de ser correa de transmisión das directrices de Madrid.
Desde hace 5 meses no existe PSdeGalicia,existe el Partido Socialista de Ferraz en Galicia. Comite Nacional Galego desaparecido.Vergüenza
— Pachi Vázquez (@pachivazquez) 08 xullo 2016
Desde a dirección española apoian a xestora mais amsosa preocupación pola posibilidade de que as persoas críticas poidan non apoiar a designación de Modesto Pose ao Senado, unha votación que se producirá a semana que vén no Pleno do Parlamento.