Leiceaga entende que os resultados do 26X sitúan os socialistas como a “alternativa” a Feijóo

O candidato socialista afirma que o PSdeG ten a “maquinaria engraxada” para unhas eleccións que ve con optimismo.

Xoaquín Fernández Leiceaga
photo_camera Xoaquín Fernández Leiceaga

O PSdeG encara as eleccións galegas co “optimismo” que proporcionan os resultados nas pasadas eleccións xerais do 26 de xuño. Así o manifestou este domingo o seu candidato á Xunta, Fernández Leiceaga durante un acto no Carballiño. Leiceaga cualificou os resultados de “razonabelmente bos” pois “permiten recuperar unha tendencia ascendente”, destacando que recuperaron votos nas “áreas urbanas”. Son segunda forza e, xa que logo, configúranse como a alternativa progresista ao PP en Galiza”, dixo o economista, eleito en primarias fronte a Méndez Romeu.

Leiceaga avanzou que nun prazo de dúas semanas o PSdeG terá un borrador do programa electoral e a partir de aí debatirán o documento con diferentes actores sociais e económicos de cara a “darlle o seu perfil definitivo”. A isto engade que durante os meses de verán manterán xuntanzas e reunións para "intentar coñecer de primeira man os problemas que teñen a xente" e "incorporalos" á súa oferta política a continuación.

Comentarios