Máis de 250 persoas erguen en Compostela a bandeira da solidariedade cos presos independentistas

Unidos das mans percorreron a zona vella compostelá baixo un forte despregamento policial.

ceivar
photo_camera Imaxe: GZcontrainfo

Unhas 300 persoas volveron renovar, máis un ano, o seu compromiso e solidariedade para cos presos independentistas galegos, unha solidariedade que tomou forma na cadea humana que convoca Ceivar e que este ano chegaba á súa IX edición. Após unha concentración na céntrica Praza de Galiza, que é paso entre a Zona Vella e Ensanche -e perante un forte despregamento policial- as persoas participantes colléronse das mans para percorrer varias vías e rúas da capital de Galiza cunha mensaxe de apoio e solidariedade para cos preso. O acto finalizou na Praza do Toural coa leitura dun manifesto e o Himno Galego.

A fin da dispersión e as medidas de excepción, a repatriación dos presos independentistas a Galiza, a fin dos operativos policiais e xudiciais contra o independentismo ou o recoñecimento do carácter político das persoas presas foron algunhas das reivindicacións que estiveron presentes nesta mobilización. 

Comentarios