Máis de medio cento de eurodeputados instan Bruxelas prohibir a compra de Monsanto por Bayer

O escrito, que asina Lidia Senra, afirma que a CE está facultada para rexeitar este tipo de acordos que reducen a competencia e fortalecen posicións dominantes.

monsanto
photo_camera monsanto

A eurodeputada galega Lídia Senra (AGEe), vén de asinar canda máis de 50 eurodeputados unha carta dirixida á comisaria europea de Competencia, Margrethe Vestager, na que lle reclaman que prohiba a adquisición de Monsanto por parte de Bayer por tratarse dun “acordo perigoso”.

Na misiva, lembran que a Comisión Europea (CE) está facultada para rexeitar este tipo de acordos, tendo en conta que, segundo o artigo 2 do Regulamento 139/2004, as adquisicións deste tipo están prohibidas se contribúen a reducir de forma significativa a competencia no mercado único mediante o fortalecemento dunha posición dominante”, como entenden os asiantes que é o caso.

O pasado 14 de setembro, o grupo farmacéutico alemán Bayer anunciou que mercará a fabricante de sementes estadounidense Montasanto por 59 millóns de euros e o volume de negocios mundial de Monsanto e Bayer é moito maior do umbral de 5 millóns de euros previstos no citado Regulamento. Ante tal realidade, as e os asinantes da carta aseguran que isto “permite á CE desencadear unha investigación, xa que o seu volumen conxunto sería de 23 millóns de euros. Por outra parte, o volume de negocios total a escala comunitaria de cada un é de máis de 250 millóns de euros e estas dúas empresas están operando en parte nos mesmos mercados: o das sementes e o dos praguicidas.

“Se esta adquisición ten lugar, Bayer podería controlar o 30% do mercado mundial de sementes e o 24% do mercado mundial de praguicidas, o que se pode chamar fortalecemento dunha posición dominante”, denuncian as eurodeputadas e eurodeputados.

Comentarios