Méndez Romeu deixa a política

O ex-portavoz parlamentar abandona a primeira liña após diversas derrotas nos últimos meses.

Méndez Romeu_PSdeG
photo_camera Méndez Romeu [Imaxe PSdeG]

José Luís Méndez Romeu deixa a política logo de dar por concluída a lexislatura no Pazo do Hórreo. O que foi portavoz parlamentar e un dos candidatos a encabezar a lista como candidato á Xunta nas primarias decorridas no PSdeG, retírase e faino precisamente após ser derrotado nos comicios internos por Xaquín F. Leiceaga e de non ter sido elixido como senador por designación autonómica na pugna interna máis recente que tivo o grupo parlamentar. 

Traxectoria

Méndez Romeu leva na política institucional desde 1983 cando foi elixido concelleiro de Cultura e Educación no Concello da Coruña. Alí estivo até 2003 cando asumiu a responsabilidade de Vivenda e Urbanismo. Polo camiño, en 1994 foi elixido deputado no Parlamento galego, até 2004.

Entre 2004 e 2005 foi secretario de Estado de Cooperación Territorial e no goberno bipartito conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza. 

Ao Pazo do Hórreo volveu en 2009 asumindo a portavocía do grupo en 2013. 

Comentarios