Merkel sae en defensa do españolismo contra a consulta en Catalunya

A dirixente neoliberal alemá amosa o seu apoio ás elites españolas e ao goberno de Rajoy e lanza unha mensaxe contra o dereito de autodeterminación porque “non se pode permitir que un país se rompa”. Polo contrario, nunca se opuxo ao referendo en Escocia.

A presidente alemá e dirixente chave do neoliberalismo na Unión Europea, Angela Merkel, expresou o seu apoio ao Goberno de Rajoy e ao réxime do 78 en contra da consulta democrática de autodeterminación convocada en Cataluña para o próximo 9 de novembro. Merkel subliñou que existe unha diferenza entre conceder autonomía ás “rexións” e permitir que un país “se rompa”.

"Estamos a favor da integridade territorial de todos os Estados, que é completamente distinto a que as rexións se convertan en independentes e se organicen elas", dixo Merkel en rolda de prensa.

Integridade

A presidenta referiuse ao sistema federal alemán, recordando que outorgou aos 'lander' e corporacións locais “unha gran marxe de autonomía”, aínda que precisou que isto é "completamente distinto á integridade territorial total". "De modo que comparto a opinión do Goberno español”, reafirmou. Polo contrario, nas súas reunións con Cameron (primeiro ministro británico), Merkel nunca se opuxo ao referendo en Escocia

Comentarios