Mobilización en Compostela contra o TTIP e a OTAN ás portas do Foro España-EUA

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, di que o acordo transatlántico e a alianza militar son contrariso aos dereitos humanos e a democracia.

bng otan ttip

'OTAN non, TTIP Fóra' foi a palabra de orde da concentración convocada polo BNG e que decorreu esta sexta feira en Compostela, unha mobilización que se convocou coincidindo coa reunión anual do Foro España-Estados Unidos, que desta vez se realizou na capital galega. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, criticou o TTIP por ser “contrario á democracia e á soberanía”, un “retroceso” que se está a negociar a “escuras” e de costas á sociedade. O acordo que se está a negociar entre a UE e Estados Unidos é, para Pontón, un perigo para Galiza polos prexuízos que implica cara o propio territorio e os seus sectores produtivos.

Ademais, destacou que o BNG é a “única forza cun compromiso claro anti-militarista” e de rexeitamento frontal da OTAN. Neste punto, dixo que a fronte naci0onalista condena “todos os bombardeos imperialistas” e, en referanza ao candidato de Unidos Podemos Juio Rodríguez [ex-xefe do Estado Maior de Defensa española], lembrou que “non levamos nas lista militares que bombardearon”. 

Comentarios