O novo Borbón eleva o gasto para o seu primeiro desfile do 12 de outubro como monarca

Felipe VI estréase como monarca na súa “festa nacional” gastando un millón de euros nun acto militarista. 

photo_camera Familia Real española

O primeiro desfile militar do 12 de outubro -festividade española que antes era chamada Día da Raza e que celebra a invasión de América- presidido por Felipe VI como El-Rei, após o cambio monárquico co que o modelo do 78 intentou recuperar pulo ante a súa decadencia, non se contaxiará de ningún espírito austero ou renovador senón que, polo contrario, teimará en vellos e custosos vicios. A parada do Exército en honra do novo monarca recuperará este ano a exhibición aérea que levaba dous anos ausente, e na que participarán 52 aeronaves españolas e doutros estados. 3.000 militares e 43 vehículos formarán logo na parada a pé.

3.000 militares pasarán a pé polo centro de Madrid, nun evento que se espera aínda máis españolista do habitual como resposta a Catalunya

O acto, en Madrid, entre a Praza de Colón o o Paseo do Prado, ten un prezo -segundo fontes oficiais- de 800.000 euros, sen contar o que custa a utilización dos avións, que desde Zarzuela agochan e que claramente significa que rebase de xeito amplo o millón de euros para un evento que de seguro este ano adoptará un carácter máis unionista do xa moi habitual, tanto por ser a estrea nun novo Borbón no chanzo máis alto do mandato herdado senón tamén como sinal de forza antagonista dos desexos de soberanía de nacións como Catalunya, negada polo monarquía española e todo o aparato que ten detrás.

Comentarios