Pachi Vázquez anuncia a súa aspiración a ser o candidato do PSOE en Ourense

O que foi candidato socialista nas últimas eleccións autonómicas eleva o seu pulso con Besteiro presentando ficha á capital da súa provincia, onde a súa forza política ten a alcaldía entre imputacións.

photo_camera Pachi Vázquez.

O deputado do PSOE galego e ex-líder da súa formación Pachi Vázquez anunciou que loitará para ser o candidato do Partido Socialista á alcaldía de Ourense.

Así o afirmou nun acto na propia cidade, onde dixo que presentará a súa candidatura ás primarias logo de levar meses escoitando ideas e proxectos sobre a urbe, o que lle fixo “sentirse obrigado a iso”, segundo palabras do que tamén foi rexedor de O Carballiño.

O actual rexedor, Agustín Fernández, non se presentará

@s socialistas en Ourense están dividid@s en dous grupos, un deles afín ao actual alcalde, Agustín Fernández -que non se presentará- e outro, os denominados 'pachistas', que apoian ao ex-secretario xeral do PSdeG, enfrontado a nivel interno coa dirección galega de Gómez Besteiro e que ten afirmado publicamente que non concorda coa decisión do aparato de permitir que se volvan presentar aos comicios locais persoas imputadas, como pode ser o caso do alcalde de Lugo, López Orozco.

Comentarios