Pilar Cancela advirte que non vai demitir mais abre a man a integrar os críticos na xestora

Reitera a petición dunha reunión con Ferraz

Pilar Cancela_PSdeG
photo_camera Pilar Cancela_PSdeG

A presidenta da xestora do PsdeG, Pilar Cancela, reiterou esta segunda feira que non pensa demitir do cargo, desoíndo así as reiteradas peticións que se lle fan nese sentido desde certos sectores do socialismo, liderados por Abel Caballero e Carmela Silva. Mais dixo que está disposta a integrar os críticos. “Esta xestora representa á maioría do PSdeG mais se hai quen entende que nesa maioría non se sinte representado ou que debe facer parte, nós estamos dispostos ao diálogo e a chegar a acordos”, afirmou. Iso si, lembrou que no seu momento condivouse ás distintas sensibilidades do PSdeG a facer parte deste órgano e “houbo quen se negou”.

Cancela ofrece “toda a capacidade de diálogo e interlocución” que faga falla, dixo, pora rebaixar a confrontación existente no seo dos socialistas galegos, ao tempo lembraba que o único que reivindica a actual xestora galega é “cumprir co calendario previsto”.

Sobre a proposta remitida a Ferraz para unha nova xestora na que non figuraría ela, Cancela considera que “o enfrontamento permanente” debilita a organización, para alén de pedir que as críticas que se fagan sexa “construtivas” e non intentando “dinamitar” a actual xestora.


 

Comentarios