O PP inicia o proceso para recortar deputad@s no Parlamento galego

O Partido Popular presentou no Rexistro do Parlamento o proxecto para reducir de 75 a 61 (o mínimo fixado no Estatuto) os escanos da Cámara galega. Unha decisión que os conservadores xustifican na 'austeridade' e que a oposición entende como unha manobra para manter a maioría absoluta.

 

Parlamento galego
photo_camera Parlamento galego

O PP presentou esta quinta feira no rexistro do Parlamento de Galiza o seu proxecto para pasar as tesoiras tamén na representación da Cámara, reducindo o número de escanos dos 75 actuais a 61 (un máis que o mínimo fixado no estatuto).

Feijóo gasta en asesores o triplo do que di querer aforrar co recorte de deputad@s Parlamento

No proxecto presentado os populares varían algúns dos elementos que defendían nun principio. Así, baixa de 10 a 8 as actas mínimas por provincia. Din desde a formación conservadora que así se mantén a proporcionalidade e que o recorte é por austeridade e para aforrar. Así, o Partido Popular di que con esta medida prevén reducir 1,2 millóns de euros en catro anos, Feijóo destinará máis de 800 mil euros en 2014 á súa equipa de asesor@s. 

Carme Adán (BNG): "Feijóo ten a vista posta na súa carreira en Madrid e quere reducir en democracia e autogoberno"

O presidente da Xunta de Galiza gasta só no seu departamento o triplo do que di querer aforrar o seu partido coa redución de escanos no Pazo do Hórreo, unha medida que suporá unha redución de 1,2 millóns de euros nunha lexislatura, isto é, catro anos. 

"Pucherazo"

O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, nega que esta reforma supoña “un pucherazo como din os da oposición” e deixou ver que a lei vai saír adiante si ou si malia rexeitamento da oposición, sen deixar porta abrta a consensos. “Estará aprobada en marzo ou abril”. O que suporía que nas vindeiras eleccións autonómicas, previstas para 2016, @s galeg@s elexirían 61 parlamentares, 14 menos que agora.

Consuelo Martínez (AGE): "O PP sabe que perde votos e quere amarrar a maioría absoluta como sexa"

En base a este proxecto presentado no rexistro polos conservadores, pola Coruña sairían eleitos 20 deputados (agora, 24) e por Pontevedra 18 (22 actualmente). Lugo en vez dos 15 escanos de agora terá 12 e Ourense recortarse de 14 a 11.

Manobra para manter a maioría

Para a oposición, o proxecto do PP non é máis que unha manobra para tntar manter a maioría absoluta. Destacan que a desculpa de reducir escanos para aforrar non é críbel, posto que se podería aforar moito máis en outros temas (asesores, deputacións,...) sen comprometer con iso a representación democrática.

Pablo García (PSdeG): "É un proxecto torticero. Non imos negociar un recorte de deputados"

Para o BNG, o proxecto non é máis que unha aposta "por reducir a democracia e o autogoberno" en palabras da deputada Carme Adán. A parlamenar nacionalista sinala que mentres outras nacións do Estado "apostan" polo "dereito a decidir" da súa cidadanía, Feijóo quer "facer carreira en Madrid" e presenta este recorte do autogoberno de Galiza.

En AGE enmarcan a medida en que o PP "sabe que está a perder moitos votos" e por iso fai esta "manobra para se garantir a maioría e manter o bipartidismo".

Pola súa banda, desde o PSdeG advirten que "non imos negociar o recorte de deputados" e acusan a Feijóo de querer cambiar as reglas do xogo sen buscar sequera un mínimo consenso.

Comentarios