A proposta foi do conservador Agustín Hernández no pleno de onte segunda feira, que volve atacar cunha cuestión simbólica á liña de flotación das políticas non confesionais do executivo de Martiño Noriega. E o PSOE de Francisco Reyes volveu apoialo nun xesto que se suma a outros apoios anteriores.
Os votos a favor dos grupos popular e socialista aprobaron esta proposta, mentres que o grupo que apoia o Goberno abstívose por apoiar propostas turísticas de carácter “máis integrador” e o BNG votou en contra por non consideralo unha “prioridade política”.
Hernández reivindicou a “importancia cultural” da Pascua compostelá “por riba de credos e ideoloxías” e chamou ás administracións públicas a apoiaren esta celebración. Pola súa banda, a edil do ramo, Marta Lois, acusou ao PP de “sobredimensionar” a implantación desta celebración na cidade.