Prohibición e pucheirazo, as grandes apostas do PP no seu acto en Soutomaior

Rajoy aproveitou o tradicional acto de comezo de curso político do PP para negarlle unha vez máis a Catalunya o seu dereito a decidir, namentres Feijóo defendeu a prohibición das coalicións programáticas nas municipais.

rajoy-cropII
photo_camera Rajoy e Feijóo

A uns non os deixará votar. A todos lles obrigará votar do xeito que máis lle convén. E a maiores, triunfalismo económico de castelos no ar. Así se desenvolveu o tradicional e blindado acto de comezo de curso político do PP en Soutomaior. Alí, o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, falou en negativo sobre o referendo de autodeterminación convocado en Catalunya para novembro e volveu subliñar que "a lei está por encima de todo", polo que non vai consentir" que "ninguén viole a lei", á vez que advertiu de que "o que é España decidímolo entre todos".

Rajoy, poucos días despois de render pleitesía a Merkel, recordou que "a soberanía nacional radica no conxunto do pobo español". "Estamos orgullosos da nosa nación, e queremos opinar sobre o que é o noso país", indicou ante algo máis dun milleiro de persoas.

Desde 2006

Estivo acompañado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que volveu defender a reforma electoral para as municipais, que a oposición cualifica de “pucheirazo”, e lembrou que leva desde 2006 "defendendo a idea de que goberne a lista máis votada", no que práctica prohibe a confección de gobernos de maioría ideolóxica.

Comentarios