O PSOE incorpora o PP nas negociacións de investidura e exclúe os independentistas

Socialistas e Cs envían unha carta a todas as formacións con representación nas Cortes, agás independentistas, para manter xuntanzas.

Pedro Sánchez
photo_camera Pedro Sánchez

PP si, independentistas non. O PSOE inclúe os populares na nova rolda de negociacións que abre coas forzas políticas dee cara a atinxir apoios para a investidura. Após deixar o PP á marxe na primeira rolda de contactos, si que os inclúe nesta nova quenda. “O reloxio corre con rapidez”, xustificou a decisión Antonio Hernando, portavoz do PSOE no Congreso español.

Esta terza feira, PSOE e Ciudadanos -que manteñen a súa intención de negociar xuntos, en bloco, coas demáis forzas, e co seu programa como base- remitirán unha carta ás diferentes organizacións políticas representadas nas Cortes: PP, Podemos, En Marea, Podem en Comú, Compromís, PNV e Izquierda Unida. As misivas non chegarán a Bildu, ERC e DiLl, simplemente porque o tándem PSOE/Cs non lla vai remitir. Estas formacións xa foron excluídas polos socialistas na rolda de contactos anterior á investigura fallida da semana pasada. O PNV xa anunciou que non se ía sentar nunha mesa conxunta co PSOE e Cs

O portavoz do PSOE no Congreso afirmou que non van pedir o “apoio” dos populares mais que hai “determinadas políticas” que hai que tratar co PP como “a reforma da constitución”. Insistiu Hernando en que tentarán chegar a acordos con Podemos “unha e outra vez, até a saciedade”. Por iso, o deputado solicitou ao partido de Pablo Iglesias que non “faga vetos” nin “condicións previas” e que acepte reunirse e sentarse co PSOE e Ciudadanos.

Comentarios